Nós

Nave AEProtec

A Empresa

A Guarda Equipos de Proteción, S.L. nace en 2020 como iniciativa empresarial para dar resposta ás necesidades de material e equipos de protección na loita contra a pandemia provocado polo virus SARS- CoV-2 e desenvolvida por emprendedores con recoñecida experiencia no campo da fabricación, comercialización e venda.

Somos unha empresa galega con capital español que operando coa marca AEProtec producimos máscaras cirúrxicas de uso sanitario nas nosas instalacións situadas en Tui (Pontevedra), ademais de comercializar unha ampla gama de produtos sanitarios e de protección como son: luvas e batas sanitarias, máscaras FFP2/3, pantallas de protección facial, xel hidroalcohólico, biombos, gorros, patucos, maguitos, senalética e cartelería…

Como empresa de nova creación, AEProtec conta coa colaboración e o respaldo do grupo Comunica. Cun carácter multidisciplinar Comunica aglutina varias empresas dedicadas a actividades como as artes gráficas e impresión gran formato, fabricación aditiva e extractiva, consultoría, deseño industrial e enxeñería, etc.; dispoñendo de varios centros de produción e almacenaxe repartidos entre A Guarda (Pontevedra) e Valença do Minho (Portugal).

O Equipo

AEProtec conta na súa organigrama con:

  • Un director xeral acompañado dun técnico de fabricación, ambos con experiencia no sector dos equipos de protección indiviual.
  • Un director de producción, tamén con ampla experiencia, baixo cuxa responsabilidade opera o centro de produción de Tui.
  • Un director comercial especialista en produtos sanitarios ao cargo do equipo comercial con delegados comerciais en España e Portugal.
  • O persoal da planta compóñeno os operarios de fabricación e mozos de almacén.
  • Por último o persoal especialista en loxística, en administración e finanzas e staff completan o persoal do equipo AEProtec.

As Instalacions

Dispoñemos dunhas instalacións no polígono empresarial de Areas-Tui, provincia de Pontevedra, nas cales fabricamos e almacenamos os nosos produtos. Unha nave industrial cunha superficie total de 764 m2, na que dispoñemos de:

  • Sala branca(1) de 100 m2, esclusa de desinfección de material e acceso controlado de persoal, onde fabricamos e empaquetamos os nosos productos.
  • Almacén de 320 m2.
  • 170 m2 de oficinas, despachos e salas (oficinas de producción e loxística, oficinas de administración e comercial, sala de reunións, despachos de dirección, etc.), arquivo e site de comunicacions.
  • Aseos, vestiarios, entrada, escaleiras, etc.

Autorización

As nosas instalacións están autorizadas pola Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios do Ministerio de Sanidade, estando en posesión da correspondente Licenza con nº 8198-PS


Ministerio de Sanidad - AEMPS
(1) A sala branca é unha sala especialmente deseñada para obter baixos niveis de contaminación. Conta con parámetros ambientais estritamente controlados: partículas en aire, temperatura, humidade, fluxo de aire, presión interior do aire e iluminación.